Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abaten a tiros un home que amezaba cun coitelo aos viaxeiros dunha estación de tren de París

Abaten a tiros un home que amezaba cun coitelo aos viaxeiros dunha estación de tren de París

O suceso aínda está sendo investigado, pero, polo momento, as autoridades descartan que se trate dunha acción terrorista

G24.gal 14/02/2022 14:22

A primeira hora deste luns, a policía francesa abateu a tiros un home armado cun coitelo na estación do Norte. Foi sobre as 7 da mañá, cando a estación está a rebordar de viaxeiros.  Despois de que ameazara a varías persoas, interveu a policía. Segundo a versión policial, cando os axentes lle advertiron que soltara o coitelo, abalanzouse sobre eles e tiveron que empregar as pistolas para abatelo. 

O suceso aínda está sendo investigado, pero polo momento as autoridades descartan que se trate dunha acción terrorista. A Estación do Norte de París é a máis grande de Europa e ten unha trasfega diaria de preto de 700.000 viaxeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade