Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre as portas o Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo

Abre as portas o Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo

Hai máis de 300 vehículos de 50 marcas

Os coches híbridos ou eléctricos son os protagonistas desta edición

G24.gal 27/04/2022 21:27

O Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo busca atraer todo tipo de clientes con variedade de modelos, prezos e tecnoloxías. O seu director, José Enrique Elvira, destaca que aquí os compradores poden comparar marcas nun mesmo espazo e atopar ofertas.

Hai uns 350 vehículos en exposición, listos para a venda, incluídas as últimas novidades do mercado. Desta vez teñen especial protagonismo os vehículos híbridos ou eléctricos, como sinalan os responsables de varios concesionarios.

Ata o domingo, os organizadores agardan recibir uns 50.000 visitantes e xerar un volume de negocio duns 14 millóns de euros. Este ano, no seu 30 aniversario, o salón conta cun pavillón só para as motos e un espazo de exposición de 16 modelos de Ferrari.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade