Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo para solicitar as axudas da Xunta para mercar unha vivenda habitual

Abre o prazo para solicitar as axudas da Xunta para mercar unha vivenda habitual

Son para vivenda protexida, casas nas zonas históricas, ou concellos de menos de 10.000 habitantes

G24.gal 14/02/2024 17:23

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para mercar unha vivenda habitual. O prazo esténdese ata o 1 de outubro, se non se acaban antes os recursos. 

 Hai tres modalidades:

-Axudas para acceder a unha vivenda protexida.

-Subvencións para comprar nunha zona histórica.

-Axudas para mercar nun concello de menos de 10.000 habitantes.

O importe das axudas está limitado, polo xeral, ao 20 % do custo do inmoble.

A subvención tamén varía segundo a idade: Os menores de 36 anos son os que poden optar a unha maior subvención, que no seu caso pode chegar ata 20.000 euros.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade