Cargando resultados...
Últimas horas para encher o depósito do coche co prezo bonificado
Últimas horas para encher o depósito do coche co prezo bonificado
A partir do domingo a axuda será exclusiva para profesionais do transporte, da pesca e da agricultura
G24.gal
31/12/2022 14:39
Última actualización 31/12/2022 14:57
Cos carburantes en prezos similares aos da primeira semana do pasado mes de abril, cando o goberno español implementou a medida de axuda, remata a bonificación dos 20 céntimos para particulares.
As gasolineiras teñen traballo dabondo este sábado porque a xente quere encher o depósito por última vez co prezo subvencionado.
A partir de agora, a medida establecida en abril deste 2022 manterase só para profesionais do transporte, da pesca e da agricultura.
A supresión do desconto supón unha perda de media de 11 euros nun depósito duns 55 litros. Algunhas das grandes compañías aseguran que manterán as bonificacións a partir do domingo.