Publicador de contidos
Publicador de contidos

Accidéntase un tren de mercadorías perigosas en Valdeorras

Accidéntase un tren de mercadorías perigosas en Valdeorras

Activado o Plan de Protección Civil polo derramamento de argon líquido

G24.gal 23/08/2023 19:02 Última actualización 23/08/2023 21:32

A Xunta activa o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas debido ao derramamento dun tren que transportaba argon líquido.

O accidente ocorreu en Vilamartín de Valdeorras pouco antes das 5 da tarde, nun treito da vía que discorre paralelo á N-120. Numerosos particulares alertaron enseguida do ocorrido. 

Descarrilaron 5 vagóns da cola do tren e non todos levan mercadorías sensibles. 

Os bombeiros de Valdeorras crearon unha balsa para a recollida de calquera substancia que poida resultar tóxica. A zona está acoutada, pero o 112 asegura que a situación está controlada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade