Un rapaz de 20 anos falece nun accidente de coche en Ponteceso
Un rapaz de 20 anos falece nun accidente de coche en Ponteceso
O condutor é exxogador do Corme e árbitro na Costa
O turismo impactou cun camión
Un condutor de vinte anos perdeu a vida ás 5 e media desta tarde ao impactar o seu coche cun camión de transporte de piñeiros na estrada AC-424, en Ponteceso.
O rapaz, segundo informa AXEGA, quedou atrapado no interior do turismo que conducía e os bombeiros tiveron que excarceralo. Tras liberalo, non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Por outra banda, o condutor do camión resultou ferido leve e foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario. A Garda Civil mantén aberta unha investigación para tratar de esclarecer as causas do sinistro.
O mozo fora xogador no Corme e árbitro na Costa, polo que a Real Federación Galega de Fútbol trasladou a súa consternación polo sucedido.
⚫️ Consternados tras coñecer o falecemento de Lucas Vicente, ex xogador do Corme CF e árbitro na Costa
— RFGF (@futgal) December 17, 2021
😢 Desde a RFGF acompañamos na dor á súa familia. O fútbol galego gardará un minuto de silencio na súa memoria e os árbitros portarán un brazal negro
💙 Ata sempre, Lucas pic.twitter.com/LzkEA1Budd