Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quedan ilesos tras caer a un regato co coche e quedar boca abaixo

Quedan ilesos tras caer a un regato co coche e quedar boca abaixo

O accidente foi no regato Zapardiel, en Monforte de Lemos

G24.gal 22/09/2024 12:10 Última actualización 22/09/2024 13:53

Dúas persoas conseguiron saír polo seu propio pé dun vehículo que caeu no regato Zapardiel, en Monforte de Lemos, e quedou boca abaixo.

Segundo a Policía Local, o accidente debeuse a unha saída de vía que se produciu o sábado á tardiña.

Dentro do coche viaxaban a condutora e o seu acompañante. Ambos os dous recibiron a axuda da veciñanza aos poucos segundos de que se producira o sinistro.

Finalmente, un dos accidentados sufriu feridas leves. O turismo xa foi retirado do regato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade