Publicador de contidos
Publicador de contidos

Accidentes e sustos contínuos no treito da N-VI en Begonte, considerado o máis perigoso de España

Accidentes e sustos contínuos no treito da N-VI en Begonte, considerado o máis perigoso de España

No último sinistro, o máis grave, morreron dous veciños de Curtis
G24.gal 10/04/2024 13:46 Última actualización 10/04/2024 14:25

A simple vista semella ser unha estrada cun tráfico non moi complicado, pero, segundo un estudo da Fundación Race, este treito da Nacional VI, entre Rábade e Begonte, é o máis perigoso de España. O accidente mortal en que morreron dous veciños de Curtis que viaxaban nunha furgoneta golpeada por un camión é o episodio máis grave, pero non o único.

Diso son testemuña os traballadores do polígono de Begonte. Este cruzamento coa estrada LU-1611 é sen dúbida o punto máis perigoso, pero algúns usuarios non cren que sexa para tanto se se toman precaucións. Para evitar novos sinistros ven necesario que se tomen medidas.

Este treito perigoso da Nacional VI ten pouco máis de dez quilómetros e por el circulan a diario 2.000 vehículos. Segundo o estudo da Fundación Race, que toma como referencia o número de sinistros mortais e graves, Galicia conta con 190 quilómetros de estradas estatais con risco elevado de accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade