Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o autor do roubo dunha escavadora e dun remolque na provincia de Lugo

Detido o autor do roubo dunha escavadora e dun remolque na provincia de Lugo

O botín, valorado en 38.000 euros, foi recuperado en Begonte

Imaxe da retroescavadora cedida pola Garda Civil, que a recuperou nun monte de Gaibor, no concello de Begonte
G24.gal 25/09/2024 14:02

A Garda Civil detivo un veciño de Cospeito como presunto autor do roubo dunha máquina retroescavadora e dun remolque de dous eixes. 

Este desaparecera o día 3 das obras da A-6 ao seu paso polo municipio de Begonte. E a retroescavadora pertence a unha canteira situada no concello de Vilalba, de onde a roubaran hai case un mes.

A Garda Civil localizouna agochada nunha zona de monte de difícil acceso da parroquia de Gaibor, no concello de Begonte. Remolque e máquina están valorados en 38.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade