Acelerada acidificación da ría de Vigo, que ameaza a diversidade mariña
Acelerada acidificación da ría de Vigo, que ameaza a diversidade mariña
Un estudo aconsella un posible traslado de bivalvos a zonas máis oceánicas
Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas e do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia concordan que nos últimos 25 anos o impacto da actividade humana sobre o medio mariño é tal que se está producindo un marcado descenso nos niveis de ph na Ría de Vigo, o que supón un incremento da acidificación, que repercute negativamente sobre todos os organismos mariños, entre eles os bivalvos.
A acidificación do mar é maior nas augas superficiais, as que están a menos de cinco metros, e tamén nas proximidades da desembocadura dos ríos, zonas sensibles nas que repercute a deforestación, as actividades do uso da terra e as emisións de combustibles fósiles.
Unha das conclusións do estudo sería a conveniencia dun hipotético traslado da produción de bivalvos cara a zonas máis exteriores.
Os bivalvos son esenciais para o tecido ecolóxico e económico da zona, polo que cómpre mitigar os efectos da acidificación, polo que cómpre moderar o impacto da actividade humana.
O maior coñecemento do impacto da acidificación no océano permitirá optar polas mellores decisións.