Acordo entre o Goberno e as patronais do transporte que inclúe descontos no carburante
Acordo entre o Goberno e as patronais do transporte que inclúe descontos no carburante
20 céntimos por litro, polo menos ata o 30 de xuño
Hai tamén 450 millóns de euros en axudas directas
Os transportistas examinan o acordo para decidir se manteñen ou non o paro
O Goberno e o Comité Nacional de Transporte por Estrada acordan un paquete de axudas ao
sector que supera os 1.000 millóns de euros.
Esta noche llegamos a un gran acuerdo con los representantes del sector del transporte que supondrá una inyección de más de 1.000 M€.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) March 25, 2022
Desde el Gobierno trabajamos sin descanso, tanto en España como en la Unión Europea, para mitigar los efectos de la guerra. Seguimos.
Máis da metade, 600 millóns, van para bonificar o combustible. Cando o transportista vaia á gasolineira, descontaránselle 20 céntimos por litro: 15 ponos o Estado e 5 as petroleiras. O Goberno calcula que cada camión aforrará así 700 euros ao mes. A medida estará vixente ata o 30 de xuño. A maiores, concederanse axudas directas segundo o tipo de vehículo, no caso dos camións, 1.250 euros.
O acordo chegou tras doce horas de negociacións co Comité Nacional de Transporte e foi apoiado por todas as organizacións presentes. Tamén conta co visto e prace das tres federacións maioritarias de autónomos e pemes do Comité Nacional e que ata agora apoiaban as protestas. Para Julio Villaescusa, presidente de Fenadismer, "hoxe non hai motivos xa para continuar co paro".
Aínda así, van consultar o acordo cos seus afiliados. Forma parte de Fenadismer a Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, que non o ve tan claro. Para Antonio Señarís, presidente de FETRAM, o desconto acordado no gasóleo "non é suficiente como para poñerse a traballar".
As organizacións do transporte de viaxeiros si desconvocaron a manifestación que tiñan prevista para este domingo en Madrid.
Principais puntos do acordo
O pacto, que chegou tras case doce horas de reunión sen contar os recesos, inclúe unha
rebaixa para os transportistas de 20 céntimos por litro de carburante ata o 30 de xuño, prorrogable "segundo evolucionen os mercados": 15 céntimos achegaraos o Executivo e outros 5, como mínimo, as petroleiras.
Segundo o documento asinado polas partes, a esa partida vanse destinar máis de 600 millóns de euros. Outros 450 millóns serán para axudas directas tanto para o transporte de mercadorías coma de viaxeiros: 1.250 euros por camión, 950 por autobús, 500 por furgoneta e 300 por vehículo lixeiro (taxis, VTC e ambulancias). Haberá un límite de 400.000 euros por empresa.
Tamén se ampliará o prazo de vencemento e o período de carencia dos créditos avalados polo
ICO e crearase unha nova liña. O Goberno comprométese a enviarlle ao Comité Nacional de Transporte por Estrada antes de que remate xullo un borrador de proxecto de lei para aplicarlle ao sector os principios da lei da cadea alimentaria referidos aos custos de produción.
A ministra chama a desconvocar o paro
A ministra de Transportes di que o Goberno cumpriu coa súa parte, que as reivindicacións do comité e da plataforma "foron amplamente atendidas", e chama aos transportistas a que se recupere a normalidade e "non se someta á sociedade a máis incerteza". Raquel Sánchez defende que o pacto se forxou cos interlocutores do sector, recentemente elixidos.
En total, las medidas para el sector del transporte supondrán una inyección de más de 1.000 millones de euros.
— Raquel Sánchez (@raquelsjimenez) March 25, 2022
Gracias a los equipos de @mitmagob, @_minecogob y @Haciendagob y a los miembros del CNTC que lo han hecho posible. Y gracias a periodistas y medios por su paciencia. pic.twitter.com/UxHvDgquBA
O presidente do Comité Nacional de Transporte por Estrada Carmelo González pon en valor o acordo e afirma que a excepcionalidade da situación actual require medidas excepcionais. Explica que se tomou por unanimidade.
Polo momento, o paro segue
Os responsables da Plataforma Nacional pola Defensa do Transporte, que convocaron o paro indefinido o 14 de marzo, dixeron estes días que non pensan dalo por rematado ata que o Goberno sente con eles. Para hoxe teñen prevista unha manifestación en Madrid.