Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acosados polos roubos nunha comunidade de montes de Covelo

Acosados polos roubos nunha comunidade de montes de Covelo

En San Salvador de Prado levan perdidos 30.000 euros nos últimos anos

G24.gal 01/04/2022 13:47

O último roubo tivo lugar na ponte da Reconquista de Vigo, leváronlles 400 ferros de gran porte por un valor próximo aos 10.000 euros.

Non é a primeira vez que os rouban e séntense acosados. Furtáronlles oliveiras, mesas de pedra, grellas de churrasco e mesmo moas de muíño. Tamén se producen roubos nas casas particulares. En total, nos últimos anos perderon 30.000 euros.

Piden máis protección da Garda Civil e que se revisen as cámaras que hai no monte e que se coloquen máis.

Cada vez pensan máis que investimentos poden facer no monte, xa que non queren que os volvan roubar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade