Actividades paralelas dentro da Tall Ships Races
Actividades paralelas dentro da Tall Ships Races
Exhibicións e clases de esgrima para o público que visita estes días o peirao coruñés
A esgrima é un deporte minoritario e descoñecido para moitos. Pero estes días, e con motivo da escala na Coruña da regata dos grandes veleiros, a Tall Ships Races, as miles de persoas que se achegan ata o peirao coruñés poden ver de preto a prácica deste deporte. Son exhibicións que realizan de xeito continuo os alumnos do club Centolos da Coruña a carón dos veleiros. Alumnos xa avantaxados e que demostran unha gran destreza coa espada, o florete e o sabre.
"Cando estamos aquí tirando hai un árbitro e tenta coma axudar á xente, explicándolle cando se defende unha cor diferente quen toca. Logo na outra modalidade ,que é o florete, ensinarlles como vai o regulamento para que saiban situarse como é o deporte", di Xián Franco Robles do club Centolos de esgrima.
Tamén dan clases de iniciación ás que se pode apuntar quen queira e das que participan, sobre todo, os máis pequenos.
"De todas as idades, a maioría son nenos de entre cinco e doce anos, pero ás veces veñen rapaces de 16 ou 17 só a divertirse un anaco", afirma Javier Gormaz do club Centolos de esgrima.
Outra das atraccións desta regata foi o animado desfile das tripulacións dos veleiros participantes polo centro da cidade. Rematou na praza de María Pita, onde houbo a entrega de premios en diferentes categorías.