Publicador de contidos
Publicador de contidos

Activo un incendio en Viana do Bolo e estabilizado o de Porto do Son

Activo un incendio en Viana do Bolo e estabilizado o de Porto do Son

82 hectáreas danadas no incendio de Porto do Son

En Lobeira as lapas queimaron 625 hectáreas

G24.gal 27/08/2022 11:01 Última actualización 28/08/2022 09:07

Os equipos de loita contra o lume centran os seus esforzos esta noite en controlar un incendio que se declarou no concello ourensán de Viana do Bolo, na parroquia de Grixoa. Segundo a consellaría do Medio Rural, o lume aféctalle a unha superficie de máis de 20 hectáreas.

É o único incendio que permanece activo en Galicia. O de Porto do Son, que prendeu na parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado a primeira hora desta noite tras calcinar 82 hectáreas de terreo.

O lume que se rexistraba no concello ourensán de Lobeira, que lle afectou ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na fronteira con Portugal, quedou extinguido. Arrasou 625 hectáreas, a maior parte de monte raso.

O alcalde de Lobeira opina que puido ser intencionado porque comezou pola noite e nunha zona de barrancos de acceso difícil para os medios de extinción e moi favorable para crear un incendio tan virulento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar