Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acumulación de lixo nas rúas da Coruña tras dúas semanas de paros intermitentes no servizo de recollida

Acumulación de lixo nas rúas da Coruña tras dúas semanas de paros intermitentes no servizo de recollida

No Concello, esíxenlle á empresa o cumprimento do prego da concesión do servizo; outramente, anuncian medidas

G24.gal 08/07/2024 21:15 Última actualización 08/07/2024 21:30

Colectores rebordados e na rúa toneladas de lixo, sobre todo, cartóns, vidro, mobles.

A situación repítese practicamente na totalidade dos barrios da cidade da Coruña tras días de paros intermitentes no servizo de recollida de residuos. 

O conflito laboral na concesionaria de recollida de lixo cumpre dúas semanas polo de agora sen acordo entre a empresa Prezero e os traballadores.

"Porque a empresa non cede en nada e cando nos chama é porque o apertan dalgún lado, e chámannos para ofrecer máis do mesmo. Nós polo de agora tampouco imos ceder en nada", di Alfonso Seijo, voceiro do comité de folga e membro do Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL). 

No Concello esíxenlle á empresa o cumprimento do prego da concesión do servizo; outramente, anuncian medidas.

"Non se pode tomar como reféns a cidadanía coruñesa, a quen lle pido desculpas pola situación que están a vivir, pero tamén lles digo que o Goberno local non vai ceder a ningún tipo de chantaxe e vai tomar todas as medidas que estean nas nosas mans para poñer fin a esta situación canto antes", afirma Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

Para este martes está convocada unha nova xornada de folga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade