Publicador de contidos
Publicador de contidos

As adegas da Ribeira Sacra xa comezaron a vendima estes días

As adegas da Ribeira Sacra xa comezaron a vendima estes días

G24.gal 11/09/2022 15:21

Empezaron a vendimar sobre as nove da mañá. Víctor Manuel axúdase de familiares e persoal contratado para sacar adiante un viño que cuadriplicaría o seu prezo se se pagase polo esforzo real que custa obtelo.
Estamos nos viñedos da adega Val da Lenda, en Amandi, e aquí xa empezaron a vendimar esta semana.

O ano pasado xuntaron 20.000 quilos de uva mencía e 2.000 de godello. Este ano non cren que sexa tan abondosa, pola sarabia que houbo, pero a calidade prevese moi boa.

Tamén lle queren escapar á auga que se prognosticou para esta semana.

Os viñedos na Ribeira Sacra ofrecen infinidade de matices, polo xeral, as vendimas nas zonas altas de Chantada ou Pantón adoitan ser máis serodias; mentres que nalgunhas zonas de Amandi e Quiroga adoita ser máis temperá. 
Ao contrario desta adega, hai outras, como Rectoral de Amandi, que o ano pasado recolleu un terzo de toda a uva tinta da Ribeira Sacra, que aínda van esperar ata o día 15, data oficial do comezo da vendima.

Nesta denominación de orixe recolléronse o ano pasado, seis millóns e medio de quilos de uva mencía.
 


 


 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade