Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adela fai os cen anos cunha festa en familia na súa casa de Monforte

Adela fai os cen anos cunha festa en familia na súa casa de Monforte

Proporcionalmente, Galicia é a comunidade con maior número de persoas centenarias

G24.gal 22/04/2023 20:26 Última actualización 22/04/2023 20:45

O nacemento dos seus catro fillos, dos catro netos e dos tres bisnetos foi o mellor que lle pasou na vida a María Adela. O peor foi a morte dun fillo e doutros seres amados. Ademais, hai dous momentos que lle quedaron moi marcados no corazón: a Guerra Civil e a pandemia da covid.

Traballou toda a vida na casa, e botou 73 anos casada co seu home, que morreu hai cinco. Entre os mellores momentos que compartiu con el están as vacacións que pasaban en Benidorm.
Agora pasa o tempo coa familia ou dando un pequeno paseo.

A casualidade quixo que este mesmo día tamén sexa o aniversario dunha das bisnetas. Tres anos dunha banda e cen da outra. Como agasallo, a familia de Adela xuntouse de sorpresa no baixo da súa casa para celebrar os aniversarios. A sorpresa e a emoción foron grandes.

O compromiso de Adela, esta nova centenaria, é recibirnos de novo no seu 101 aniversario.

Proporcionalmente, Galicia é a comunidade española con máis persoas centenarias, preto de 2.000, o 0,07 % da poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar