Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adestramentos de manexo do porco celta

Adestramentos de manexo do porco celta

A Semana Verde de Silleda acollerá o III Concurso Nacional de Manexo

Disciplina pouco habitual entre o gando porcino

G24.gal 30/05/2022 21:57 Última actualización 30/05/2022 22:08

Chámase Makelele, pesa uns 200 quilos e agora adéstrase na súa explotación de Muimenta antes da súa cita nos concursos de manexo da Semana Verde de Silleda.

Fernando Saavedra, criador de porco celta: "Este é o exemplar que máis afeito teño a ir da man, é case como un can, por iso para o manexo escollino a el. Hai que facer un circuíto con obstáculos e eu estouno adestrando polo medio das maceiras".

Esta raza autóctona galega en perigo de extinción, moi recoñecida pola boa calidade da súa carne, busca agora que a xente coñeza máis estes animais que a pesar do seu tamaño e aspecto son moi dóciles.

Aida Sáez, técnico veterinario de Asoporcel: "Pese a que son animais que se crían en liberdade, en canto se ten trato con eles son animais moi dóciles e moi bos".

Makelele competirá con outros cinco exemplares que amosarán as súas habilidades no III Concurso Nacional de Manexo do Porco Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar