Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adif descarta actuacións no paso a nivel de Lugo onde morreron dous mozos

Adif descarta actuacións no paso a nivel de Lugo onde morreron dous mozos

Asegura que os dous sinais que hai actualmente cumpren coa normativa "atendendo ás súas características"

G24.gal 14/07/2023 19:12 Última actualización 15/07/2023 09:33

Adif non fará ningunha modificación no paso a nivel onde faleceron dous mozos e outro quedou ferido de alta gravidade. O coche dos mozos foi atropelado por un tren.

O paso a nivel de Lugo só está indicado cun sinal de stop e outro de aspa. Segundo Adif, estes sinais son os precisos "atendendo ás súas características". O proxecto para eliminar este paso está rematado e pendente de saír a licitación. 

Adif ten previsto eliminar 43 pasos a nivel en Galicia, onde aínda existen 144 cruzamentos deste tipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade