Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan os cadáveres dun matrimonio e da súa filla con feridas de arma branca

Atopan os cadáveres dun matrimonio e da súa filla con feridas de arma branca

Os bombeiros localizaron os corpos tras sufocar un incendio nunha vivenda de Chiloeches, no municipio de Guadalaxara

G24.gal 13/04/2024 22:06 Última actualización 13/04/2024 22:31

As forzas de seguridade tentan esclarecer a morte violencia dun matrimonio e da súa filla de 22 anos nunha casa de Chiloeches (Guadalaxara). Os bombeiros localizaron os corpos sen vida tras sufocar un incendio na vivenda, situada na urbanización Medina Azahara.

Os falecidos son un home de 52 anos, a súa esposa, da mesma idade, e a filla de ambos. Estaban no salón e, segundo fontes próximas á investigación, os cadáveres presentaban feridas de arma branca. O xulgado que leva o caso decreto o segredo de sumario.

A Garda Civil traballa con varias hipóteses. Pescudan, entre outros aspectos, os últimos movementos do fillo do matrimonio, que alertou ao 112 ao declararse o incendio, e a exparella da moza falecida que tería unha orde de afastamento.

Dous días de loito oficial

Unha vez coñecida a morte destas tres persoas, Chiloeches decretou dous días de loito oficial, de forma que as bandeiras xa ondean a medio hasta, indicou o alcalde, Marcos Cascajero.

Así mesmo, o Concello suspendeu todos os actos previstos para estes dous días. Tamén se convocou un minuto de silencio este domingo ás 12:00 horas na praza maior para apoiar a familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade