AENA estuda opcións para dotar o aeroporto de Santiago de máis aparcadoiros
AENA estuda opcións para dotar o aeroporto de Santiago de máis aparcadoiros
As principais opcións pasan por facer un edificio anexo ou darlle outra altura ao actual aparcadoiro
Os técnicos do xestor aeroportuario estudan esas posibilidades de ampliación nunha fase moi preliminar.
Unha das opcións é facer un edificio anexo, que sumaría unhas 1.000 prazas de aparcamento. Outra opción, menos custosa e máis sinxela, sería adaptar a cuberta do edificio actual, reforzando o forxado para que poida co peso dos vehículos. Sería así unha nova planta de 11.000 metros cadrados.
Ámbalas opcións aínda están en fase de estudo, polo tanto nunha fase moi temperá. Quedaría, unha vez se decida, redactar o proxecto, licitalo, adxudicalo e realizar a obra, co que estariamos falando nun prazo de cinco ou seis anos.
Mentres, unha opción é habilitar espazo na zona da terminal vella e ofrecer un servizo de lanzadeira.