Publicador de contidos
Publicador de contidos

Afundación impulsa proxectos interxeracionais sobre emigración

Afundación impulsa proxectos interxeracionais sobre emigración

Alumnos dun instituto de Pontevedra coñecen as experiencias vitais de mulleres que emigraron

G24.gal 14/02/2023 14:57

María José emigrou ao Brasil no ano 52. Quen mellor que ela para explicarlle a un grupo de alumnos do instituto Frei María Sarmiento de Pontevedra o que significa deixar o teu país rumbo ao descoñecido. 

María José Pérez explica que había dúas emigracións: a dos que tiñan cartos e volvían ricos e a dos que ían sen nada e volvían sen nada.

A experiencia de Carmen Liste en Francia non estivo exenta de dificultades, pero asegura que en conxunto foi positiva. Asegura que cando o peor o pasou foi á volta xa que Galicia estaba moi atrasada respecto outros países.

Precisamente as diferenzas que había a todos os niveis respecto a outros países foi o que máis lles chamou atención aos rapaces. 

Estes encontros interxeracionais son enriquecedores para os nosos maiores porque se senten útiles e recoñecidos pola sociedade, pero tamén para os mozos, xa que despois de escoitar as súas historias vitais comezan a miralos con outros ollos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade