Balance do mes de agosto: cálido e con precipitacións normais para a época
Balance do mes de agosto: cálido e con precipitacións normais para a época
As temperaturas foron superiores ao habitual, cunha media de 26º nas máximas e 14º nas mínimas
As precipitacións foron as agardadas, agás no sueste de Ourense, onde non choveu
Despedimos un mes marcado pola inestabilidade, pero con predominio do anticliclón e as temperaturas cálidas.
"A media de máximas estivo nos 26º e a mínima nos 14º, polo que hai unha desviación positiva dun grao e medio por riba do agardado", explica Pablo González, técnico de Meteogalicia.
A entrada de aire africano provocou dous episodios de calor: o do día 21 na comarca de Valdeorras e o día 8, cando a capital ourensá chegou aos 42 graos e medio.
Canto ás chuvias, foron as esperadas para agosto, cunha media de 32 litros por metro cadrado, aínda que hai lugares onde non caeu nin unha soa pinga.
"Hai zonas do sur de Lugo e sobre todo do sueste de Ourense con cero litros por metro cadrado en todo o mes de agosto. Onde máis choveu foi no norte da Coruña e o noroeste de Pontevedra con 90 litros por metro cadrado", engade Pablo González.
E se preguntamos polo outono que nos agarda, as previsións apuntan a uns meses máis calorosos do habitual, pero con precipitacións normais