Aínda hai paxes recollendo agasallos
Aínda hai paxes recollendo agasallos
Os comercios énchense de axudantes dos Reis que andan ás présas
Hai moitos motivos para coller agasallos a última hora
A finalidade é que os Reis teñan todo listo para a noite
Os empregados dos comercios estanlles dando todas as facilidades posibles aos axudantes que andan apurados facéndolles os últimos recados aos Reis Magos.
Non é cousa só dos que escribiron a carta tarde, por veces a cabeza dos paxes dos Reis tamén anda nas nubes...
Axudar os Reis Magos non é un traballo fácil, e os pedidos que se xestionan arestora son do máis variado. O que máis éxito ten nesta noite son os xoguetes para os máis pequenos da casa, pero a roupa e os perfumes tamén teñen un bo espazo nas cartas, sobre todo as dos maiores.
O reloxo avanza e a hora punta de paxes medio agoniados... está a achegarse. Así que sexamos permisivos cos esforzados axudantes que espremen as horas previas da visita dos Reis Magos de Oriente para que os seus agasallos cheguen a tempo.