Cargando resultados...
Alcol e drogas, un factor de risco ao volante especialmente entre os máis novos
Alcol e drogas, un factor de risco ao volante especialmente entre os máis novos
Obradoiros de seguridade viaria intentan concienciar a mocidade de Ourense sobre as súas consecuencias
Participarán uns 600 alumnos de 4º da ESO, bacharelato e ciclos formativos de distintos centros de ensino da cidade
G24.gal
15/02/2023 14:51
Última actualización 15/02/2023 15:05
En preto da metade dos condutores falecidos nas estradas españolas en 2021 detectouse a presenza de drogas, alcol ou psicofármacos.
Axentes da Garda Civil de Tráfico de Ourense e responsables da DXT levan a cabo obradoiros para concienciar os máis novos sobre as consecuencias de poñerse ao volante baixo os efectos destas substancias.
Fano contando as historias que están detrás das cifras pero tamén permitindo que os rapaces experimenten en primeira persoa como limita a nosa capacidade de reacción o seu consumo.