Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alejandro Fernández, o gañador das San Martiño que lles regala os trofeos aos nenos

Alejandro Fernández, o gañador das San Martiño que lles regala os trofeos aos nenos

Superou na popular carreira de Ourense a toda unha subcampioa olímpica

Só ten exposto un dos seis trofeos que gañou, outros regalounos

G24.gal 15/11/2021 15:50

Ourense puido celebrar o regreso dunha das probas con máis tradición de toda Galicia, a San Martiño, e por Zona mixta pasou Alejandro Fernández, para contar como foi correr con Kalkidan Gezahegne, prata nos XX.OO. de Tokyo.

Sen diferenzas polo sexo

A atención era dobre na cidade, en primeiro lugar polo gasto en traer unha estrela mundial, cousa que a Fernández non lle parece mal, ao contrario, dicía que “creo que para Ourense ver correr polas súas rúas a alguén como ela é único”, concluía. 

Canto a se era un reto especial para el verse superado por unha muller, era tamén moi claro ao dicir que “non hai homes nin mulleres, hai deportistas mellores e peores" e que competir contra ela cóbado con cóbado “foi algo único”.

Tanto, que está desexando conseguir fotos da carreira na que aparezan os dous para poder ensinarllas aos netos no futuro

A mirada dun neno

Despedía a entrevista Alejandro relatando unha fermosa anécdota, a que lle aconteceu logo de gañar unha San Martiño cando “estaba nun centro comercial e un neno non deixaba de mirar o meu trofeo” e non puido facer outra cousa que regalarllo.

Ao fin e ao cabo, o futuro do atletismo está neles, e remataba cun chamado xa que "non volvín saber dese neno, se el ou os pais escoitan esta entrevista, espero que gocen do atletismo" e, quen sabe, igual ese rapaz agora corre polas rúas de Ourense grazas a ese detalle. 

A saída da proba, con Alejandro e Gazehegne en primeiro plano
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar