Alerta amarela por temperaturas máximas en varias zonas de Ourense
Alerta amarela por temperaturas máximas en varias zonas de Ourense
Nas horas centrais do día a capital ourensá non superará os 36 graos, ao igual que ocorrerá na comarca de Valdeorras
A vaga de calor en Galicia empeza a remitir, con mínimas de 12 graos de madrugada
Despois de tres xornadas de intensa calor en que se superaron amplamente os 40 graos, a cidade de Ourense recupera valores máis soportables.
No centro da cidade, ás dez desta mañá os termómetros rexistraban uns agradables 26 graos, cinco graos menos que o día anterior a esa mesma hora.
"Ben tamén facía falta. Ultimamente estabamos indo ao río e á piscina porque estas tardes son insoportables".
"Ben vaise levando. Aquí en Ourense algo fatal, pero vaise levando non queda outra".
"Tamén xa nos chegou. A verdade que é horrible, sobre todo pola noite. Lévase fatal".
Se se cumpren as previsións, nas horas centrais do día a capital ourensá non superará os 36 graos, ao igual que ocorrerá na comarca de Valdeorras, a bacía ourensá do Miño e o sur da provincia.
"Din que vai baixar bastante, si. Vaise agradecer, creo que o vai agradecer todo o mundo".
Nas seguintes xornadas as temperaturas iranse achegando en toda Galicia a valores máis normais nesta época do ano.