Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta en Portugal ante condutores sen licenza de taxistas que enganan os turistas

Alerta en Portugal ante condutores sen licenza de taxistas que enganan os turistas

As autoridades recomendan contratar taxis só nas zonas habilitadas nos aeroportos

G24.gal 21/05/2024 10:23

Advirten dun aumento dos enganos a pasaxeiros nos aeroportos portugueses por parte de condutores sen licenza que se fan pasar por taxistas. En concreto, no Porto foron máis de cen casos o ano pasado e máis de 20 ata abril deste ano.

Pouco en comparación con Lisboa, onde as multas superaron en 2023 o millón de euros por mais dun milleiro de infraccións, que este ano van camiño de superarse.

É unha práctica que crece en toda Europa, e especialmente aquí, segundo a Policía de Seguridade Pública. Os condutores sen licenza adoitan abordar os pasaxeiros dentro da terminal. Prefiren os que chegan de fóra da Unión Europea, que traen efectivo e están esgotados pola viaxe.

Alén de competir en desigualdade de condicións co transporte regulado, tamén é habitual que esixan máis diñeiro ao entrar na cidade, chegando á extorsión. Por iso, as autoridades recomendan só coller taxis nas áreas indicadas ou vehículos a través de aplicacións para tal efecto. Os taxistas piden máis control e quéixanse de como isto impacta na súa imaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade