Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os casos de cans envelenados increméntanse alarmantemente na Coruña

Os casos de cans envelenados increméntanse alarmantemente na Coruña

Unha clínica veterinaria do barrio de Vioño atendeu nos últimos tres meses dez cans tras seren danados ou envelenados

G24.gal 24/01/2023 14:06

Alarma pola suposta aparición de cebos con alfinetes destinados a cans na contorna do parque de Vioño, na Coruña. 

Agora os propietarios das mascotas paséanas amolados e moi pendentes do que poidan atopar no chan.

E é que nos últimos tres meses, só na clínica veterinaria que hai no barrio de Vioño, atenderon dez cans tras seren danados ou envelenados.

Moitos son conscientes de que a convivencia entre os donos dos cans e algúns veciños é complicada...

Hai quen asegura que a aparición de cebos con alfinetes e veleno repítese cada certo tempo, polo que esixen mellorar o mantemento dos parques e un maior control nestas zonas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos