Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alerta vermella en Córdoba e aviso laranxa noutras 26 provincias

Alerta vermella en Córdoba e aviso laranxa noutras 26 provincias

Córdoba onde o aviso é vermello, é dicir, de risco extremo, pois poden chegar aos 44 graos

G24.gal 08/08/2023 14:46

As dúas Castelas, Madrid, Estremadura e Andalucía, en total son 27 as provincias con alertas por calor. As máis son laranxas e amarelas agás Córdoba onde o aviso é vermello, é dicir de risco extremo pois poden chegar aos 44 graos. 

En xeral as temperaturas son significativamente altas, pois a non ser no litoral cantábrico e o terzo oriental, no resto da península non baixan dos 33 graos.

Na vila estremeña de Castuera mesmo de noite a mínima foi de 35 graos. Trátase dunha situación anómala que se produce cada vez con máis frecuencia.

Está sendo unha vaga de calor moi intensa, especialmente, de momento, na metade occidental da península, asegura Jorge Tamayo, o delegado de AEMET na Comunidade Valenciana.

As vagas de calor tamén están provocando que a auga do Mediterráneo estea anormalmente quente. 

E aínda non chegamos ao punto máximo desta vaga de calor que será mañá e o xoves. Na Comunidade Valenciana temen o prognóstico, pois segundo o delegado de AEMET é moi probable que nalgúns puntos se superen os 47 graos. Da brisa depende que os valencianos poidan ter certo alivio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade