Alertan de estafas por Internet en varios comercios de Pontevedra
Crecen estes delitos como consecuencia da pandemia
Varios negocios de Pontevedra foron vítimas de estafas similares a través da Rede. Segundo os responsables da Garda Civil é o coñecido como fishing, polo que os delincuentes envían enlaces enganosos aos comerciantes para que introduzan os seus contrasinais e deste xeito facerse coas contas e realizar transferencias fraudulentas.
Todos somos vítimas potenciais deste tipo de estafas que se incrementaron alarmantemente dende a pandemia. José Torres, o responsable do equipo de Investigacións Tecnolóxicas da Garda Civil de Pontevedra explica que houbo un considerable aumento desde 2020 e que estes ciberdelincuentes buscan cada día métodos novos para tentar acceder aos dispostivos dos usarios, de particulares ou de empresas.
Non só medraron as estafas, tamén outros tipo de delitos que preocupan a Garda Civil como a pornografía infantil que entre marzo de 2020 e marzo de 2021 creceu nun 500 %.
Para non caer en estafas a través da Rede, a Garda Civil aconsella non empregar wifis públicas, non facilitar contrasinais e empregar métodos de pago seguros que non permiten o acceso aos nosos datos bancarios.
A Garda Civil investiga quen está detrás das estafas detectadas en Pontevedra e conseguiu recuperar boa parte do diñeiro subtraído.