Alfonso Rueda trasladoulles as condolencias ás familias dos falecidos e agradeceu o traballo dos servizos de rescate
Alfonso Rueda trasladoulles as condolencias ás familias dos falecidos e agradeceu o traballo dos servizos de rescate
Alfonso Rueda trasladoulles as condolencias ás familias dos falecidos e agradeceu o traballo dos servizos de rescate
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, seguía tamén os labores de rescate
Cualificaba o accidente como "unha gran traxedia"
Sánchez expresa a súa dor polos mortos e feridos e agradece o traballo dos equipos de emerxencias "nunha situación tan complexa"
Ata o lugar do accidente trasladábase o presidente da Xunta, acompañado polo vicepresidente, para coñecer a situación e como se estaban a desenvolver os labores de busca.
Alfonso Rueda trasladáballe as condolencias ás familias dos falecidos e agradecía o intenso traballo que estaban a realizar os servizos de emerxencia desde a madrugada.
"Púxose inmediatamente o operativo de rescate e probablemente iso foi o que facilitou que dúas das persoas, xa ven as imaxes, é tremendo, impresionante ver o autobús, parece incrible que sobreviviran esas dúas persoas, pero seguro que tivo que ver moito coa actuación tan rápida e tan profesional dos servizos de rescate", di Alfonso Rueda.
A situación era nese momento moi complicada, xa que aínda se estaban a buscar varios desaparecidos. A Garda Civil continuaba coa investigación e as tarefas de busca intensificábanse.
"Están chegando algúns restos do accidente á presa que hai río abaixo e continuamos, a Garda Civil manterase aquí permanentemente para continuar coa investigación", destaca Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, seguía tamén os labores de rescate desde a noite do sábado.
O rexedor do municipio pontevedrés cualificaba o accidente como "unha gran traxedia" e informaba sobre os datos que nese momento se ían coñecendo sobre os sobreviventes e tamén sobre os falecidos.
"Os sobreviventes foron trasladados ao hospital, as súas vidas non corren perigo e estanse recuperando".
"Había unha muller de nacionalidade peruana, o resto son veciños de localidades de Lalín, Nigrán e outros...", indica o alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Cubela sumábase ás mostras de tristeza e conmoción polo accidente. Así mesmo, enviaba o seu afecto e solidariedade coas familias das vítimas.
Pola súa parte, o presidente do Goberno amosaba nas redes sociais as súas condolencias polo tráxico suceso e o seu apoio ás familias das vítimas.