Alfredo Bea será candidato á Presidencia da Federación Española
Alfredo Bea será candidato á Presidencia da Federación Española
Alfredo Bea sinala que o seu proxecto busca “ser integrador e promover un traballo en equipo, deixando de lado individualismos e personalismos"
O expiragüista e actual presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, anunciou este venres que se presentará ás eleccións á presidencia da Federación Española, previstas para o segundo semestre deste ano.
O equipo liderado por Bea iniciou reunións para explicar as liñas xerais do seu proxecto e recoller opinións e ideas que se incluirán no programa definitivo de mandato, o cal esperan presentar unha vez conclúan os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024.
Alfredo Bea sinala que o seu proxecto busca “ser integrador e promover un traballo en equipo, deixando de lado individualismos e personalismos”, priorizando “o ben común sobre o beneficio individual” tanto no ámbito deportivo como directivo.