Publicador de contidos
Publicador de contidos

Algúns comercios adiantan unhas horas as rebaixas

Algúns comercios adiantan unhas horas as rebaixas

O día oficial é o 7 de xaneiro, pero algunhas tendas xa ofrecen descontos nas súas páxinas web

G24.gal 06/01/2022 20:59

Oficialmente as rebaixas de inverno comezarán o día 7 de xaneiro e prolongaranse ata o 7 de abril. Serán unhas rebaixas marcadas pola pandemia, polo que será complicado ver as imaxes de persoas aglomeradas ás portas dos grandes almacéns agardando para entrar. 

Ademais, din as asociacións de comerciantes que as rebaixas xa non son o que eran porque agora durante todo o ano as marcas realizan constantes descontos como os que aplican aproveitando o Black Friday. 

Con todo, o inicio oficial é mañá pero moitas tendas, de roupa por exemplo, adiantáronas xa a esta tarde para os que merquen por Internet. 

Segundo algunhas enquisas cada galego gastará de media uns 84 euros nas rebaixas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar