Publicador de contidos
Publicador de contidos

Algúns dos detidos por narcotráfico presumían de cartos nas redes sociais

Algúns dos detidos por narcotráfico presumían de cartos nas redes sociais

A Policía Nacional practicou rexistros en negocios e vivendas das Rías Baixas e Ferrolterra

Comisaron máis de seis quilos de droga entra cocaína, haxix e heroína

G24.gal 21/09/2023 21:40 Última actualización 21/09/2023 21:59

Entre os polo menos dez prendidos na operación contra unha rede que distribuía droga entre as Rías Baixas e Ferrolterra hai uns mozos detidos en Poio que protagonizaban unhas imaxes sorprendentes. Mentres o xefe da organización buscaba pasar inadvertido, eles alardeaban de cartos e coches nas redes sociais.

Detiveron o xefe da organización nun chalé da exclusiva zona da Caeira, en Poio, Pontevedra. El, antigo narco e vello coñecido da policía, facía por pasar inadvertido. Pero non así os mozos detidos no mesmo municipio, que se exhibían nas redes sociais.

Dez vehículos foron aprehendidos nesta operación, a que corresponden estas imaxes cedidas polo Sindicato Unificado de Policía. Practicáronse rexistros en negocios e vivendas do Salnés, Vigo, Cambados e Ferrolterra. 

Hai polo menos dez detidos, e foron comisados más de seis quilos de droga, entre cocaína, haxix e heroína, e diversos utensilios para a súa manipulación e venda, ademais de 62.000 euros en efectivo e documentación de interese.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade