Cargando resultados...
Alma, unha cadela adestrada para detectar hipoglicemias
Alma, unha cadela adestrada para detectar hipoglicemias
Axuda a previr as baixadas de glicosa de Álex, un neno de dous anos veciño do Pereiro de Aguiar
Detéctaas polo olfacto e quen de alertar ata 20 minutos antes de que se produzan
Álex coa súa cadela de alerta médica, Alma
G24.gal
24/06/2022 14:13
Álex ten dous anos e padece hipoglicemia. Grazas a un sensor mantén vixiada a enfermidade, pero agora conta ademais coa axuda de Alma, unha Jack Russell, de 10 meses, educada para detectar as baixadas de glicosa ata con 20 minutos de antelación. Faino a través do olfacto.
A cadela ole unha substancia que segrega o noso corpo cando isto acontece e alerta os pais.
Como Alma, a Fundación Canem adestrou xa a máis de 200 cans de alerta médica en España.