Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aloxamentos rurais das comarcas do Carballiño e do Ribeiro únense por un turismo máis sostible

Aloxamentos rurais das comarcas do Carballiño e do Ribeiro únense por un turismo máis sostible

A Asociación Novo Rural agrupa 15 casas e xa hai outras tantas interesadas en unirse

G24.gal 24/05/2024 20:39

Apostan por un turismo respectuoso coa contorna e cos costumes do rural onde se asentan.

Son propietarios de aloxamentos rurais nas comarcas do Carballiño ou do Ribeiro que decidiron unirse para pór en valor a zona e mellorar a xestión dos seus negocios.

Ademais de derivar clientes, realizan compras conxuntas ou promocións en contacto con outras empresas do lugar, dinamizando así a economía desta área que agrupa máis dunha vintena de concellos.

Durante o ano pasado, as 15 casas que forman parte da Asociación Novo Rural recibiron a máis de 2.300 clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade