Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alto! Paso cortado! Veciños de Vilamartín sinalizan o afundimento da estrada que leva á súa aldea

Alto! Paso cortado! Veciños de Vilamartín sinalizan o afundimento da estrada que leva á súa aldea

Un burato de 15 metros complica o acceso a San Vicente de Leira, onde dende hai décadas suspiran por que lles arranxen a vía 

G24.gal 13/04/2022 15:59

San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, ten 30 veciños. É unha aldea de postal, idílica, salvo polos accesos. A 400 metros da aldea, córtase o paso. O terreo empezou a ceder o domingo e o martes abriuse un tremendo buraco, duns 15 metros de longo por seis de ancho que fai completamente intransitable a estrada.

Onte á mañá eles mesmos avisaron a Deputación para que pechase a estrada. Colocaron unhas cintas e pedras para evitar o tráfico de vehículos, e foi pola tarde cando se produciu o derrubamento definitivo.

Este mércores, os veciños achegábanse andando para comprobar os danos, os máis graves que lembran nunha estrada castigada pola extracción da lousa. Trinta anos levan xa pelexando para que lla arranxen.

A solución pasa por facer un recheo na bagoada, un proxecto de 13 millóns de euros no que aínda non se avanzou, nin sequera, coas expropiacións.

Mentres, a alternativa para os veciños é un desvío que non cobre as súas necesidades.

A estrada é titularidade da Deputación provincial pero a canteira que opera actualmente na zona tamén se ofreceu a facer o recheo cos cascallos da lousa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade