Publicador de contidos
Publicador de contidos

Altri asegura que a súa fábrica creará 500 postos de traballo directos e 2.000 indirectos

Altri asegura que a súa fábrica creará 500 postos de traballo directos e 2.000 indirectos

O dato facilítase nun folleto que distribúe a empresa e que substitúe as charlas informativas aos veciños

O alcalde de Palas non dubida que Altri cumprirá coas máximas garantías medioambientais

Zona onde se prevé construír o proxecto de Altri (EFE) Zona onde se prevé construír o proxecto de Altri (EFE)
G24.gal 22/03/2024 16:57 Última actualización 22/03/2024 18:27

A empresa Altri, a través de Greenfiber -a sociedade promotora da fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa-, asegura que as obras para implantar a súa factoría na localidade Palas de Rei xerarán máis de 4.000 empregos.

Segundo os cálculos que realiza a propia compañía promotora, cando a fábrica empece a funcionar, xerará 500 postos de traballo directos, ademais doutros 2.000 indirectos.

Eses datos son parte da información facilitada pola compañía a través dun díptico que acaba de editar para explicarlle á cidadanía da comarca da Ulloa onde se situará, os detalles do seu proxecto industrial, despois de que nas últimas horas se suspenden as charlas programadas en varios municipios pola “actitude agresiva” de determinados colectivos.

Nesa información, a empresa aclara como será o proceso industrial para a fabricación de celulosa e fibras téxtiles, con especial incidencia no aproveitamento da enerxía renovable que se xerará no propio proceso de transformación para autoabastecerse e na captación de auga no encoro Porto de Mouros.

Tamén incide no “respecto á contorna” do complexo industrial e na boa “relación coa comunidade” que quere promover a empresa.

Greenfiber informou nas últimas horas de que “a empresa vai explorar cos concellos novas opcións para informar de maneira personalizada aos veciños”. Así mesmo, distribuirá material explicativo do proxecto e habilitará proximamente unha páxina web. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade