Cargando resultados...
Alumnos de primaria aprenden chinés cun profesor nativo nun programa pioneiro en Galicia
Alumnos de primaria aprenden chinés cun profesor nativo nun programa pioneiro en Galicia
Os alumnos teñen entre seis e nove anos de idade
Cativos de 6 a 10 anos aprenden chinés cun profesor nativo nun programa pioneiro da Escola de idiomas de Lugo
G24.gal
16/01/2024 19:27
Última actualización 16/01/2024 21:46
Alumnos de entre seis e nove anos de dous colexios de Lugo forman parte duns grupos de iniciación á lingua chinesa. Trátase dun programa pioneiro da Escola de Idiomas de Lugo, en colaboración con dous centros públicos.
Para aprender unha lingua tan diferente, nada mellor que un profesor nativo. Ao principio fáiselles complicado.... Pero pouco a pouco van aprendendo.
Para os colexios, unha actividade extraescolar moi enriquecedora. Máis adiante, os interesados terán a oportunidade de continuar aprendendo chinés na Escola de Idiomas de Lugo, a partir dos 14 anos.