Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos de segundo de bacharelato apuran a última semana preparando a ABAU

Alumnos de segundo de bacharelato apuran a última semana preparando a ABAU

Os exames serán o martes 4, mércores 5 e xoves 6 de xuño, en quenda de mañá e tarde, agás o último día, que será só de mañá

A primeira materia en examinarse será Lingua Galega e Literatura, unha novidade introducida este ano

Os institutos programan clases de reforzo, aínda que a maioría prefire repasar materia en bibliotecas e aulas de estudo

G24.gal 27/05/2024 21:11 Última actualización 27/05/2024 21:29

A aula da Uned e a sala de estudo situada no sexto andar do edificio do auditorio Mar de Vigo é un dos lugares habitauis en que os alumnos que remataron o segundo de bacharelato en Vigo adoitan asistir apra preparar os exames da ABAU.

Os institutos programan clases de reforzo, aínda que a maioría prefire repasar a materia en bibliotecas e aulas en que é máis doado concentrarse. Hai algo de estrés e nervios, pero tamén confianza en obter bo resultado.

Este ano cadran o martes 4, mércores 5 e xoves 6 de xuño. En quenda de mañá e tarde, agás o último día, que será só de mañá. Este ano aínda non entra en vigor a nova ABAU, con todo, sí hai algún cambio con respecto a anos anteriores. Por exemplo, en Galicia empeza con Lingua galega e Literatura.

Os alumnos teran 90 minutos para cada proba e as faltas de ortografía poderán descontar ata un 10 por cento na nota. As puntuacións sairán o 13 de xuño. Antes o que toca é empregarse a fondo para non fallar na recta final da secundaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade