Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos dun instituto de Vigo beberon auga con exceso de chumbo durante 3 meses

Alumnos dun instituto de Vigo beberon auga con exceso de chumbo durante 3 meses

O centro educativo é o IES de Beade

G24.gal 24/04/2024 16:33

Os alumnos do instituto de Beade estiveron meses consumindo auga da traída con exceso de chumbo. Calculan que polo menos foron tres meses. Todo porque os resultados da analítica realizada non llos comunicaron ao centro.

O instituto de ensino secundario de Beade ten máis de 400 alumnos matriculados. Para paliar a falta de potabilidade, o centro tivo que mercar auga embotellada. Está prohibido beber auga da billa e na cafetería non se pode facer café.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade