Álvaro M. Leiro é finalista do Premio Nacional de Artesanía
Álvaro M. Leiro é finalista do Premio Nacional de Artesanía
No seu traballo une tradición e vangarda na cestería
Artesán autodidacta, Álvaro Leiro asegura que xa nada o sorprende dende que Loewe o recrutou para colaborar nunha feira de artesanía de Agolada. A súa paixón pola cestería comezou hai máis dunha década, moi vencellada ao traballo tradicional. Chegou a recrear dez corozas que tamén foron inspiracións para algúns deses bolsos famosos xa en todo o mundo.
Dende o seu obradoiro en Pazos de Borbén conseguiu manter viva a tradición e unila á vangarda. Unha mestura que lle valeu varios recoñecementos. Agora está entre os tres finalistas do Premio Nacional de Artesanía.
Neste momento, boa parte do seu traballo está dedicado ás colaboracións coa firma de luxo, sen deixar de elaborar el mesmo todo o proceso de recoller os xuncos ou as silvas ata o deseño final.