Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amancio Amaro: "Gento non era só o capitán do Madrid, era o meu Gran Capitán"

Amancio Amaro: "Gento non era só o capitán do Madrid, era o meu Gran Capitán"

O coruñés compartiu 9 tempadas de éxitos coa 'Galerna do Cantábrico' na dianteira Ye-yé

"Tiña unha humildade tremenda, os éxitos nunca lle subiron á cabeza"

 

Amancio Amaro (esquerda), cos madridistas Miguel Muñoz e Francisco Gento (dereita)
G24.gal 18/01/2022 16:02

Na Zona mixta falaron co galego Amancio Amaro para lembrar a figura, dentro e fóra do campo, do seu compañeiro no Real Madrid Paco Gento, finado este martes. O exfutbolista coruñés destaca, por riba de todo, que era unha persoa humilde, que nunca fachendeaba dos seus títulos.

"Que a xente nova se fixe nos que triunfaron antes, sempre os pés no chan e humildade, como nos dicía don Santiago Bernabeu"

"Gento destacaba pola súa velocidade e tamén polo seu caneo en seco, que daba moito que falar. Foise un amigo", conclúe Amancio, que coincidiu co cántabro nove temporadas no Real Madrid de Puskas e Di Stéfano.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos