Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ambiente cosmopolita en Pontevedra polas probas de tríatlon

Ambiente cosmopolita en Pontevedra polas probas de tríatlon

Os hoteis están cheos e moitos participantes alóxanse noutras localidades da provincia

G24.gal 22/09/2023 13:56

Pontevedra converteuse nun inmenso campo de probas para o adestramento dos triatletas que participan na Gran Final Mundial ata o vindeiro domingo. 

Algúns negocios de hostalería da vila triplicaron a facturación. Os hoteis están cheos e fixeron cambios horarios para adaptarse á vida dos deportistas. Moitos participantes tiveron que aloxarse fóra de capital, hai deportistas en varias localidades da provincia desde Vigo ata Sanxenxo. É o caso de Penny e Juliet, que están na localidade do Salnés. Gustoulles a cidade e o potencial do río. Tamén encantada co recibimento quedou a mexicana Ofelia Patiño.

O groso das probas celébranse o sábado e o domingo, polo que o ambiente cosmopolita e deportivo manterase ata o final da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade