Ames reduce o consumo de auga e non hai cortes no servizo de momento
Ames reduce o consumo de auga e non hai cortes no servizo de momento
Dende o comezo do verán, un técnico da empresa concesionaira do servizo municipal de augas mide o caudal do río Tambre neste punto de captación no lugar de Lens. Este sábado anda arredor dos 20 centímetros por riba do tubo de recollida. Cóntao Jacobo Moreno, de Espina e Delfín:
Aínda temos algo de marxe, está oscilando entre os 19, 20 centímetros por riba do tubo. Hai un mes estaba por riba dos trinta centímetros do tubo de captación, pero aínda hai marxe porque o tubo de captación é de 60 centímetros.
A potabilizadora funciona con normalidade e os depósitos están cheos pero insisten en que a situación é crítica, segundo explican o alcalde, Blas García, e o encargado de Espina e Delfín, Jacobo Moreno:
No que si notamos melloría é na redución do consumo entre un catro e cinco por cento.
A situación aínda é crítica, queda setembro e outubro e non parece que vaia mellorar o nivel de caudais.
Dende o Concello din que redución do consumo por parte da poboación fai desbotar de momento os cortes no servizo previstos.
"Temos unha xuntanza co concello de Brión para tomar medidas conxuntas, de momento se a poboación continúa reducindo o consumo non hai cortes"
Hai preocupación polo estado da presa de Ponte Maceira.
"Hai unhas zonas nas que está completamente rota e obviamente a presa é a que mantén o nivel río. Agora mesmo o río está dez, quince centímetros por baixo de se estivera a presa en bo estado"