Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Miranda representa o BNG nos actos de investidura do novo presidente de Chile, Gabriel Boric

Ana Miranda representa o BNG nos actos de investidura do novo presidente de Chile, Gabriel Boric

Miranda salienta o cambio político do novo Goberno, baseado no feminismo, a plurinacionalidade e o ecoloxismo

G24.gal 10/03/2022 13:10

Ana Miranda, coordinadora de Relacións Internacionais da Executiva do BNG, viaxou a Chile para participar nos actos de investidura do novo presidente electo, Gabriel Boric, que se van celebrar mañá. Sobre este convite, Ana Miranda dixo:

“Para o Bloque é unha honra estar convidado aos actos de investidura, xa que Chile se atopa nun cambio político e de paradigma no que demostraron que vencer á dereita é posible”.

A voceira do Bloque en Europa destaca entre os elementos que fixeron posible este cambio histórico no país andino está a forza do feminismo chileno, "sen o cal a vitoria electoral de Gabriel Boric non se tería producido", dixo, e trasladoulle os parabéns do BNG ao novo Goberno pola composición do novo gabinete con maioría de ministras e feministas.

Ana Miranda tamén salienta o recoñecemento da plurinacionalidade como elemento de cambio en Chile e destaca que a Convención Constitucional chilena aprobou diversas normas para que Chile recoñeza a plurinacionalidade dos diversos territorios e pobos orixinarios que o compoñen e o plurilingüismo.

Finalmente, Miranda destaca a necesidade dunha viraxe do neoliberalismo cara a políticas sociais, ecoloxistas e de igualdade.

Durante a súa estancia en Chile como convidada do novo goberno, amais de participar en Valparaíso nos actos de asunción presidencial e na recepción oficial das delegacións internacionais. Posteriormente trasladarase a Santiago de Chile para asistir ao discurso oficial que o presidente electo vai ofrecer dende o Palacio da Moeda, lugar cheo de simbolismo político, por ser o espazo no que, por derradeira vez, Salvador Allende se dirixiu ao pobo chileno.

Durante a súa estancia en Chile, Ana Miranda tamén participará no seminario internacional organizado polo alcalde de Recoleta e figura referente da esquerda chilena, Daniel Jadue, manterá un encontro coa política chilena do Partido Comunista, Camila Vallejo, unha das políticas referentes das protestas, quen a partir do 11 de marzo asumirá o cargo de ministra portavoz do goberno presidido por Gabriel Boric e reunirase coa ex-presidenta da Convención Constitucional, Elisa Loncon.

Tras os actos de investidura do novo presidente de Chile, xa o sábado día 12, a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG reunirase co secretario de Internacional de Wallmapuwen e participará no encontro Feminista Internacional coas parlamentarias, ministras e referentes feministas de Apruebo Dignidad.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade