Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro anuncia o seu regreso á competición

Ana Peleteiro anuncia o seu regreso á competición

Volverá o próximo día 14 na reunión internacional de Castelló

G24.gal 05/06/2023 17:27 Última actualización 05/06/2023 17:32

A galega Ana Peleteiro, medalla de bronce en triplo salto en Tokyo 2020 e campioa europea en pista cuberta en Glasgow 2019, entre outros logros, anunciou este luns o seu regreso á competición tras ser nai.

"Por fin chegou o momento. O meu MOMENTO. Tras 15 meses fóra das pistas, e 5 meses despois de realizarme como mamá... VOLVO", publica nas súas redes sociais a galega, que tamén logrou o bronce nos Mundiais baixo teito de Birmingham 2018, nos Europeos ao aire libre de Berlín 2018 e a prata continental en pista cuberta de Torun 2021.

"E esta vez máis forte, máis madura e con máis ganas que nunca!", continúa Peleteiro, de 27 anos. 

A atleta de Ribeira fixa a súa volta á acción para o próximo día 14 na reunión internacional de Castelló.

A pupila de Iván Pedroso, que ten fixado o récord nacional de triplo salto en 14,87 metros, deu a luz a unha nena, Lúa, o pasado decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade