Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Peleteiro: "Este bronce é como gañar outra vez a primeira medalla"

Ana Peleteiro: "Este bronce é como gañar outra vez a primeira medalla"

G24.gal 04/03/2024 19:19 Última actualización 04/03/2024 19:27

A galega Ana Peleteiro asegurou que a consecución do bronce en triplo salto nos mundiais de atletismo en pista cuberta de Glasgow, o primeiro éxito internacional tras ser nai, foi "como gañar outra vez a primeira medalla", e avisou que vai optar "a todo" nos Xogos Olímpicos de París 2024, unha cita para a que pediu "saúde", xa que "o traballo e o sacrificio" corren da súa conta.

A de Ribeira regresou á elite coas mellores marcas da temporada acadando a mínima para os Xogos Olímpicos. 

Peleteiro fixo un gran salto de 14,67 no segundo intento. Durante boa parte do concurso foi prata, só superada por Thea Lafond (15.01). Pero apareceu a cubana Leyanis Pérez, que cun mellor intento de 14,90 a relegou ao bronce. 

A regularidade de Peleteiro foi máxima. Saltou 14,64 e no quinto foise ata os 14,75, a quince centímetros da medalla, acadando a súa mellor marca da temporada e facendo o segundo mellor salto da súa carreira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade