Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón reivindica o legado de Castelao para construír a Galicia do futuro

Pontón reivindica o legado de Castelao para construír a Galicia do futuro

A portavoz nacional do BNG anima a seguir o camiño marcado polo intelectual galeguista no aniversario do seu pasamento

G24.gal 07/01/2024 13:48 Última actualización 07/01/2024 14:51

O Bloque Nacionalista Galego levou este domingo ata Rianxo o seu acto central, coincidindo co aniversario de Castelao.

Tal día coma hoxe, o 7 de xaneiro de 1950, falecía Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.

Na súa vila natal, en Rianxo, a formación homenaxeou esta figura política que é unha referencia para o nacionalismo galego.

Ante o busto de Castelo do paseo da Ribeira, a portavoz  nacional, Ana Pontón, reivindicou o seu legado e animou a seguir o camiño marcado polo intelectual para a construción da Galicia do futuro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade